Aceiros e Madeiras

Coidamos cada unha das nosas pezas dende a selección da madeira ata a do aceiro en función do uso que teña o coitelo.
Ofrecemos madeiras das Unidades de xestión forestal da nosa comarca, nas que se procura un uso sustentable.
Uz. Fuente: Wikipedia
As madeiras que se emplearon sempre foron a raíz de Uz (erica arborea), o apreciado boxe (buxus sempervivens).  Nós  engadimos unha madeira que nos gusta especialmente, a de abidueira (betula pendula).
Abidueira. Fuente: Wikipedia
Cada pedazo de madeira foi cortado ca época correspondente mirando coidadosamente a fase da lúa, tal e como se fixo tradicionalmente.
Respetando e preservando as fragas.
Boxe. Fuente: Wikimedia Commmons



En canto aos aceiros, traballamos tanto o aceiro carbono como o aceiro INOX de alta gama, demandado especialmente para uso na cociña.
Os coitelos da Fonsagrada eran particularmente famosos polo seu corte. Nós procuramos manter esa característica incorporando novos aceiros, empregados en instrumental quirúrxico, e inoxidables para favorecer a limpieza do instrumental na cociña, sen perder un ápice da altísima calidade do afiado.

Presentación


Comenzamos con ilusión esta nova etapa, onde queremos mostrarvos os nosos traballos, ideas e proxectos. Mostrarvos o cabo, o facer do artesán dende o obradoiro.
Elaboramos coitelos e navallas tradicionais da nosa zona, A Fonsagrada, na provincia de Lugo en Galicia.
A tradición do ferro na nosa comarca remóntase a finais do XVIII e comenzos do XIX.
Na Fonsagrada o ferro era parte da vida cotiá e da nosa cultura. Todos nós medramos con ferramentas na man forxadas por grandes mestres como Vicente da Porteliña e Oliverio de Queixoiro. Coitelos, fouces, fouciños, navallas e trompas de boca, fálannos dun saber facer da montaña.
O paso dos anos e novas épocas foron despoboando o mapa humano desta comarca. Coa despoboación, o esquecemento dunha forma de vida estreitamente vinculada á terra. Non queriamos que unha parte da nosa cultura desaparecera para sempre con eles, por iso emprendemos o labor de manter vivo o seu legado.
Fotografía de Miguel Muñíz

Recuperamos o coitelo de mesa máis característico de Fonsagrada e a partir del, elaboramos unha liña de coitelos de cociña que non perdesen a súa esencia. Os mestres ferreiros da Fonsagrada caracterizáronse sempre por coidar o corte, afiado e acabado de cada unha das pezas. Os coitelos de Vicente son clara proba diso. Cada un dos nosos coitelos está elaborado baixo esa premisa.
A ilusión e o amor pola nosa terra están en todas as nosas pezas.
A esencia do noso traballo está en manter viva e dignificar, tanto a tradición herdada, como a materia prima da nosa terra mediante pezas elaboradas con

Polo que os materiais empregados son madeiras da zona nun uso sustentable, aceites naturais e aceiros de primeira calidade.